- Será a partir das 16.30 horas no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples
O salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco acollerá este luns a presentación do espazo web do proxecto As voces das mulleres. Será a partir das 16.30 e contará coa presenza da deputada de Igualdade, María Muíño, e do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.
As voces das mulleres é unha iniciativa da compañía teatral Aantena que conta co apoio económico da Deputación da Coruña na súa convocatoria de subvencións a proxectos singulares. Neste caso, trátase dun proxecto de teatro comunitario que implica as mulleres do rural.