Coristanco homenaxea a Asunción Antelo no “Día das Escritoras” e o “Día Mundial da muller do Rural”


Con motivo da conmemoración, cada 15 de outubro, do “Día das Escritoras” e o “Día Mundial da muller do Rural”, o Concello de Coristanco promove a homenaxe a Asunción Antelo, co fin de recordar o legado cultural da autora e como recoñecemento a súa labor.

Seleccionouse así un poema do seu libro “Páxinas da Rexubeira de Bergantiños” de título “Pra escribir este libro” acompañado dalgunhas imaxes que ilustran a súa alma creadora, á poetisa do rural, á autora autodidacta e o traballo das súas mans na madeira, pedra ou barro.

“Pra escribir este libro
non usei mesa nin banco,
as rodillas facían de mesa
e a cama de banco.

Nas noites longas de inverno
boas fartas me pegaba,
escribindo neste libriño
sentadiña na miña cama.

Polo día traballaba no campo
e non podía escribir,
facío pola noite
en ves de dormir.

Con traballos e desvelos
escribín este libriño,
pra deixar de regalo
ós fillos de Bergantiños.”