26
- O acto de presentación será ás 11:00 horas, e a mostra poderá visitarse ata o 18 de marzo
Este venres, e dentro das actividades programadas polo Día da Muller, o Concello de Coristanco inaugurará a exposición «Encomio da Muller de Coristanco», unha mostra coa que o goberno local pretende homenaxear a Clarisa Fernández Muñiz (que acudirá á presentación), Carmen Villar Cotelo, María Castro Romero e Asunción Antelo Suárez. Ao acto, que se celebrará ás 11:00 horas no Edificio de Servizos Múltiples, acudirán varios familiares.
A partir das 12:00 horas a exposición quedará aberta ao público, que poderá visitala ata o 18 de marzo de luns a venres, en horario de 08:00 a 15:00 horas.