Coristanco | Lembranza na memoria de Asunción Antelo

0 minutes read

Este domingo fixo 102 anos que nacía en Segufe a Rexoubeira de Bergantiños, Asunción Antelo. O Concello de Coristanco decidiu renderlle especial tributo nestas datas a súa herdanza e ao legado cultural e artístico que as súas prodixiosas mans deixaron.
Poetisa, oleira, canteira… foi unha muller adiantada ao seu tempo, cunha gran sensibilidade e emoción poética que escribía con liberdade, poemas nos que recollía pedaciños das súas vivencias. Houbo pasarrúas, música de acordeón e unha ruta guiada pola fraga de Seavia.