Coristanco, en contra da violencia de xénero coa campaña «Nin unha cadeira máis baleira»

1 minutes read
  • O lema fai alusión ás consecuencias que pode ter mirar para outro lado

O concello de Coristanco continúa loitando contra a violencia de xénero e, neste caso, faino coa campaña «Nin unha cadeira máis baleira», coa que pretende sensibilizar e concienciar á poboación sobre a necesidade de unirse contra este tipo de violencia. Esta actividade enmárcase dentro dunha programación do concello para celebrar, o vindeiro 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O lema da campaña fai referencia ás terribles consecuencias que poder ter mirar para outro lado: unha cadeira baleira. Segundo os últimos datos do Ministerio de Igualdade, ao longo deste ano 38 mulleres foron vítimas mortais por violencia de xénero en España, e 18 menores de idade quedaron orfos.

O Concello de Coristanco manifesta o seu rexeitamento á violencia e anima a todos a participar nesta campaña para contribuír así a crear unha sociedade máis respectuosa, saudable e igualitaria.