- O uso da máscara será obrigatorio para os accesos e desprazamentos nas piscinas, así como nos vestiarios
O próximo luns, 28 de xuño, reabrirá a piscina municipal da Rocheira, no concello de Coristanco. Estará aberta ao público de luns a venres, de 15 a 19 horas, e de 12 a 19 horas durante as fins de semana.
Debido á situación sanitaria actual, desde o Concello víronse na obriga de «modificar a súa dinámica tradicional». Deste xeito, o aforo total da instalación será de 102 persoas, en cada vestiario poderá haber un máximo de tres persoas e os obxectos persoais como toallas ou hamacas deberán estar colocados tendo en conta a distancia de seguridade interpersoal.
Por suposto, o uso da máscara será obrigatorio para os accesos e desprazamentos nas piscinas e tamén nos vestiarios salvo, nas duchas. O gorro tamén é un elemento indispensable e recoméndase o uso de gafas. Respectarase o límite máximo de 15 persoas por grupo.
Calquera persoa poderá acceder á instalación co carné de socio ou entrada individual e días soltos.