39
- Distribuíronse en varios centros solucións hidroalcohólicas e termómetros dixitais infravermellos
Este luns, membros de Protección Civil de Coristanco, en colaboración co propio Concello, fixeron entrega de varios lotes de material de protección e hixiene aos centros educativos do municipio ante o inicio do curso escolar o vindeiro 10 de setembro.
Así, o CPI Alcalde Xosé Pichel, o CEIP Bormoio-Agualada, o CEIP Canosa-Rus e o CRA Coristanco-Santa Comba recibiron dispensadores de xel e solución hidroalcohólica ou termómetros dixitais infravermellos para facer fronte á pandemia da Covid-19.