Coristanco | O coronavirus existe, a pataca resiste


Pese a que este ano non poden levar a cabo a celebración e festexo do seu produto estrela, en Coristanco afirman que “o coronavirus existe, pero a pataca resiste” polo que van tentar conmemorar estas datas nas que en condicións normais o pobo estaría engalanado para honrrar ao seu máis que prezado tubérculo. O pasado e o presente unidos para recordar todos os momentos vividos na Festa da Pataca, e co firme desexo dunha próxima edición 2021 inesquecible. Lucía, Loli e os nenos e nenas de “O son do verán” achegaron mostras artísticas que tiveron a Pataca como protagonista. Co cancelo #apatacadecoristancoresiste pretenden recopilar material para o recordo deste ano 2020. Fotos, vídeos, debuxos, elaboración de figuras con pataca, etc. O envío de material pódese facer por diferentes canles, como por WhatsApp ao teléfono 665 29 41 94.