0
Un ano máis, o Concello de Coristanco, coa colaboración dos centros Cpi Alcalde Xosé Pichel, Ceip Canosa-Rus, Ceip Bormoio-Agualada e Cra Coristanco-Santa Comba, organiza con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Certame Artístico- Literario de Asunción Antelo.
Os traballos elaborados en distintas categorías serán entregados nos respectivos centros. Haberá un premio por modalidade, por ciclo e por centro.
Finalmente os traballos poderán desfrutarse ao longo do mes de maio, na exposición que acollerá o Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco.