Coristanco pon en marcha, un ano máis, o Certame Literario Asunción Antelo

Un ano máis, o Concello de Coristanco, coa colaboración dos centros Cpi Alcalde Xosé Pichel, Ceip Canosa-Rus, Ceip Bormoio-Agualada e Cra Coristanco-Santa Comba, organiza con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Certame Artístico- Literario de Asunción Antelo.

Os traballos elaborados en distintas categorías serán entregados nos respectivos centros. Haberá un premio por modalidade, por ciclo e por centro.

Finalmente os traballos poderán desfrutarse ao longo do mes de maio, na exposición que acollerá o Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha