Coristanco prepara unha ruta de pinchos previa á Festa da Pataca

1 minutes read

A cita será esta fin de semana, os días 6, 7 e 8 de setembro. Participarán 17 locais de hostalería pertencentes a distintas localizacións dentro do termo municipal e ofrecerán desde as 8 da tarde con cada consumición, o venres, sábado e domingo, petiscos elaborados con patacas de Coristanco. Trátase dunha iniciativa de promoción posta en marcha polo consistorio que dirixe, desde o pasado mes de maio, o Popular Juan García Pose. Unha anticipación á promoción do prezado tubérculo do « Verxel de Bergantiños» que se homenaxeará ao grande do 13 ao 15 de setembro no que será a XXXIX Edición da Festa da Pataca.

Promo da ruta dos pinchos de Coristanco.

Os locais de hostalería participantes nesta edición do roteiro dos petiscos son os seguintes:

Bar-panadería San Payo (San Paio), Café Bar Anabel (Coristanco), A Taberna (San Paio), Pizzería-cafetería Il Molino (Coristanco), Café bar estanco A Rabadeira (Rabadeira), Bar Cruce (Cuca-Rececinde), A Do Notas (Agualada), Café-Bar Antoxo (Coristanco), Taberna estanco Matildo (Valenza), Hostal Parrillada Alaska (Coristanco), Cervecería Arume (Carrefour Coristanco), Tasca A Pataca (San Roque), Casa Sánchez (Erbecedo), Bar O Refuxio (Verdes), Cervecería vinoteca O Verxel (Coristanco), Café Bar Lista (Valenza), Cervecería La Arboleda (O Capelán-Oca).