Coristanco publicou a listaxe de admitidos no Campamento de Verán 2022


O Concello de Coristanco vén de publicar a listaxe definitiva de persoas admitidas no Campamento de Verán 2022 para promover a conciliación da vida familiar e laboral, así como a lista de espera para interpoñer recursos en caso de dimisión dunha das persoas admitidas.

Teñen un prazo de 5 días hábiles a partir do 24 de maio, para realizar o ingreso de 10,00 € por quenda e neno na conta bancaria número: ES20 2080 0071 23 311 0000013, enviando o recibo de pago á Biblioteca Municipal de 9.30 h ás 14.00 h ou a través do correo electrónico biblioteca@coristanco.gal.

 VER LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS