Coristanco recibe a técnicos mozambicanos nun intercambio de experiencias sobre sustentabilidade local

Os concellos galegos de Cuntis, Coristanco, Pontedeume e Monforte de Lemos convértense estes días en referentes para os municipios de Manhiça e Namaacha, en Mozambique, no marco dun programa de intercambio promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Tres técnicos municipais chegados desde o país africano permanecerán durante dúas semanas en Galicia para compartir coñecementos e boas prácticas co persoal técnico e político dos catro concellos participantes. O obxectivo principal desta estadía é reforzar a sustentabilidade económica e a xestión local nos seus territorios de orixe.

Durante a súa visita a Coristanco que se inicia este martes, os representantes mozambicanos coñecerán de primeira man o sistema de xestión financeira municipal, o funcionamento de servizos municipais clave, os mecanismos de participación cidadá e os programas de desenvolvemento rural e sostibilidade que se están a levar a cabo no municipio.

Esta iniciativa de cooperación internacional é unha vía de enriquecemento mutuo. Compartindo experiencias, aprendendo uns dos outros e reforzando o compromiso cun desenvolvemento máis xusto e solidario.

Related posts

O PSOE de Malpica denuncia que o Centro de Día de Buño continúa pechado tras tres anos cas obras rematadas

Novo mural de Joseba Muruzábal, coñecido artisticamente como Yoseba MP, na fachada dun edificio da Laracha

Malpica, concello pioneiro na implantación do sistema ‘Praia Pallet’ para a recollida de lixo mariño