Coristanco | Recollida de pilas e baterías na praza do Concello

Pilas_Ecoembes

  • Hai habilitada unha carpa diante do edificio consistorial de 11:30 a 13:30 horas

O Concello de Coristanco dispón este mércores, de 11:30 a 13:30 horas, dunha carpa xunto á praza do edificio consistorial para depositar pilas, baterías e acumuladores co obxectivo de «concienciar sobre a necesidade de facilitar o proceso de recollida destes elementos», destacan desde a Alcaldía.

Ademais, a partir deste venres situaranse uns colectores específicos en diferentes puntos para facilitar todo o proceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha