Tras dous anos de obrigado parón pola pandemia, o Concello de Coristanco celebrará do 16 ao 18 de setembro a cuadraxésima edición da Festa da Pataca. O programa foi presentado este venres polo alcalde da vila, Juan García Pose, e contará con numerosas actividades durante esos tres días. O rexedor afirmou vivir un momento de alegría pola súa celebración e subliñou que hai varios informes favorables para a súa declaración de Festa de Interese Turístico por parte da Xunta de Galicia, confiando que así sexa. Como novidades haberá unha Ruta de Pinchos polos locais de hostalería, unha sardiñada degustación con cachelos e pan de Coristanco, así como a presenza da D.O. Valdeorras cos seus prezados viños. Música, concursos, desfile de tractores e moita festa completarán un amplo programa para conmemorar este 40 anivarsario.