Coristanco | Remata a primeira quenda de actividades «Ó son do verán»

Foto.- Cedida.

Rematou a primeria quenda de actividades «Ó son do verán» para 15 nenos/as do Concello de Coristanco. Esta proposta de actividades de conciliación para as familias pretende combinar a aventura co deporte e o formativo co lúdico a través dunha metodoloxía activa, participativa e integradora.

Como peche desta primeira quenda, os rapaces en agradecemento a Área Recreativa da Rocheira, onde se desenvolveron ditas actividades, realizaron a plantación dun Carballo, acto co que se embarcan nun proxecto medioambiental para o respeto e cuidado da natureza e así devolverlle a Rocheira algo do moito que lles regalou nestes días de campamento. A este acto acudiu a concelleira Clarisa Couto, quen acompañou aos rapaces na despedida destas actividades e agradeceu aos participantes a súa implicación no desenvolvemento das dinámicas. 

Agora, xa da comezo a segunda quenda de actividades, 15 nenos acompañados de 3 monitores iniciarán a aventura en A Rocheira: andainas, actividades de exploración, xogos acuáticos… son moitas as sorpresas que os esperan.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha