Coristanco | Rematan as obras da depuradora de Portoquintáns

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de rematar as obras de mellora e posta en marcha da depuradora de Portoquintáns, no concello de Coristanco.
Esta actuación, cun investimento de máis de 43.000 euros, permite por en marcha as instalacións desta estación.

A depuradora de Portoquintáns foi construída e posta en funcionamento no marco do contrato de colectores xerais da depuradora de Vilaverde, sendo entregada o municipio no primeiro trimestre do ano 2017.

Coas obras contratadas por Augas de Galicia, actuouse na mellora da impulsión de cabeceira con bombas que dispoñen de funcionalidades preprogramadas para adaptarse automaticamente ao entorno cambiante das augas residuais.

Instaláronse, ademais, dúas novas bombas, e adaptáronse as instalacións eléctricas e autómata aos novos equipos. Posteriormente procedeuse á posta en marcha da estación depuradora
A instalación de Portaquintáns foi deseñada para sanear e depurar as augas xeradas por unha poboación equivalente a 600 habitantes.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?