32
- Nas vindeiras semanas abrirase unha nova lista de agarda para futuros repartos
O Concello de Coristanco fixo entrega esta semana de 50 composteiros a aqueles veciños que así os solicitaron. Seguindo as recomendacións sanitarias vixentes, a entrega foi acompañada dun manual de compostaxe doméstica así como da intervención dunha técnico de Sogama para resolver dúbidas.
Nas vindeiras semanas repartiranse os composteiros restantes e tamén se iniciará outra lista de agarda para novas entregas.