Este venres houbo Pleno no concello de Coristanco, onde o principal punto da orde do día era sacar adiante unhas contas para este ano cifradas en algo máis de cinco millóns de euros. Os orzamentos saíron adiante, foron aprobados cos votos a favor do Partido Popular e Contigo Somos Democracia (Abraham Gerpe). Abstivéronse PSOE e BNG e votaron en contra Terra Galega (Amancio Lavandeira) e a ALVC de Antonio Pensado Plágaro. Coas contas aprobadas, o executivo de Juan García Pose, terminará o 2020 sen desaxustes e poderá levar a cabo «asuntos de interese xeral» como as axudas ás ANPAS, revisar o Plan Xeral, modificar a RPT ou poñer en valor espazos como Verdes, A Rocheira ou Alcaián, tal e como matizou o propio alcalde, Juan García.
47