Coristanco segue reflexionando sobre a arte local con diversos artistas

Taller "Reflexiones en voz alta"_Cedida

  • Loli España achegará ao proxecto “Reflexións en voz alta” a súa labor creativa con la que conecta co público a través do lixo

O vindeiro venres 13 de marzo, o proxecto “Reflexións en voz alta” do Concello de Coristanco contará coa presenza da artista Loli España, que deleitará aos participantes cun obradoiro onde os guiará a través dos seus procesos creativos co fin de elaborar un proxecto común e visualizar a súa labor coa que consegue, a través do lixo, conectar co público.

Inaugurado o pasado 21 de febreiro polo artesán Genaro Amarelle Mato, o proxecto “Reflexións en voz alta” pretende crear un espazo de encontro no rural para a creación e a difusión da arte local.

A presenza de Genaro nese primeiro día de obradoiro supuxo unha verdadeira demostración de que os obstáculos se poden converter en fortalezas, sendo un aliciente para lograr as súas metas e así conseguir facer o que realmente lle entusiasma. Genaro, enfermo de Esclerosis Lateral Amiotrófica, conseguiu converter as labores de cestería na súa paixón.