Ás 11:30 horas deste venres activouse no 112 Galicia a alerta por este accidente de tractor rexistrado nunha leira privada do concello coristanqués. A información chegou ao servizo de emerxencias mediante un aviso do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazaba ao lugar do sinistro para atender á persoa implicada no accidente, que presentaba un forte golpe na cabeza. A pesar de que estaba consciente, o ferido presentaba unha importante lesión que levou ao equipo médico a trasladalo ao centro hospitalario. Para colaborar cos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia avisouse aos membros do GES de Ponteceso e se prealertou aos Bombeiros de Carballo por se fosen necesarios. Con todo, o equipo médico confirmou que, a pesar do impacto, a persoa estaba liberada e accesible. No operativo tamén estiveron os axentes da Policía Local.
37