Coristanco súmase ao rosa a favor da loita contra o cancro de mama

1 minutes read

Con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama que terá lugar o vindeiro 19 de outubro o Concello de Coristanco tínguese de rosa para concienciar á sociedade da importancia da investigación e o diagnóstico precoz desta enfermidade.

En España diagnostícase arredor de 33.000 novos cancros de mama ao ano. É o tipo de tumor máis frecuente en mulleres, 1 de cada 8 mulleres terá cancro de mama ao longo da súa vida e a prevención é básica para aumentar as posibilidades de superar a enfermidade.

O concello de Coristanco vaise implicar nesta conmemoración para dar visibilidade e apoiar a todos os pacientes que loitan cada día para superar esta doenza.

O Domingo 18 de outubro terá lugar a Primeira Andaina Solidaria contra o cancro de mama, cun percorrido de 8,5 quilómetros que dará comezo ás 9,30 horas con saída dende a Praza do Concello.