Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, Coristanco súmase a iniciativa de facer o lazo humano en apoio a todos os doentes e familiares desta enfermidade.
Este venres, 3 de febreiro, con motivo da conmemoración do Día Mundial contra o Cancro (que se oficia o 4 de febreiro), dende a Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Coristanco piden apoio para ser acompañados. O obxectivo é realizar un gran Lazo Humano e proceder ao acendido da Casa Consistorial como apoio aos miles de doentes e familias que se enfrontan a esta enfermidade.
Cando? VENRES, 3 DE FEBREIRO
A que hora? 20.30H
Onde? PRAZA DO CONCELLO DE CORISTANCO
Achégate coa túa familia, amigos/as, veciños/as… todos somos necesarios/as.
TODOS/AS CONTRA O CANCRO. ESPERÁMOSTE. NON FALTES.