Coristanco suspende a Festa da Pataca

1 minutes read

Como cada ano, a terceira fin de semana de setembro tería que celebrarse a Festa da Pataca de Coristanco, este ano na súa 40 edición. Desde o Concello afirman que se tratou de pospoñer todo o posible a decisión de celebrar ou non esta edición tan especial da festa, mais valorando a situación actual e a negativa evolución dos últimos días en relación á pandemia de COVID-19, decídese suspender a organización de todos os actos relacionados coa celebración da 40 Edición da Festa da Pataca.

Trátase dunha «meditada e difícil decisión», afirman, pero «debemos priorizar por encima de todo a saúde, tanto dos veciños e veciñas de Coristanco como de todas aquelas persoas que ano tras ano nos visitan durante esta celebración».

Do mesmo xeito, «queremos agradecer o admirable traballo e labor de todos os veciños, profesionais e colectivos do municipio que mediante o acatamento das recomendacións sanitarias, loitan para evitar a propagación do coronavirus».