O Municipio de Coristanco amosou o seu interese en adherirse á rede de Concellos Emprendedores da Xunta. Así llo trasladou o seu rexedor, Juan Carlos Garcia, ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, Pablo Casal, na reunión que mantiveron para abordar cuestións importantes para a localidade, entre a que tamén se atopa a posta en marcha do novo polígono industrial.
No encontro tamén se abordaron os avances que supón a nova Lei de áreas empresariais de Galicia, pioneira a nivel estatal, que permite axilizar, simplificar e flexibilizar a planificación e creación de solo industrial. Esta nova normativa entra en vigor mañá xoves, 10 de novembro. Este documento ten como obxectivo asentar futuro dotando a Galicia de espazos empresariais competitivos, funcionais e totalmente equipados, garantindo o equilibrio entre o uso sustentable do territorio e a actividade económica.