Coristanco | Unha picadura de avespa obriga a trasladar a unha persoa en helicóptero

0 minutes read

Os servizos sanitarios trasladaron na tarde deste martes a unha persoa que sufriu a picada dunha avespa na parroquia de Cuns, no Concello de Coristanco.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación, ás seis menos vinte da tarde, a través do aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, que informaba da saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para atender a esta persoa que, ademais, era alérxica ás avespas.

Así, dende o CIAE 112 Galicia solicitouse o apoio de Protección Civil de Coristanco e tamén da Garda Civil.