33
- Juan Manuel Pose Arijón é o creador desta peza, que está exposta desde fai uns días no Edificio de Servizos Múltiples
Desde o pasado domingo, 24 de outubro, os usuarios e veciños que participan do Edificio de Servizos Múltiples de Coristanco poden contemplar a maqueta da Casa do Concello realizada por Juan Manuel Pose Arijón.
O acto de inauguración da obra tivo lugar nas propias instalacións, e ao mesmo acudiron o alcalde, Juan Carlos García; os concelleiros Enrique Tasende e Clarisa Couto; e o portavoz do PSOE local, José Manuel Pérez, entre familiares e amigos do autor.
O artista adiantou que contempla como próximo proxecto o Refuxio de Verdes.