Ruta guiada polo Chan da Embarrada, en Coristanco

1 minutes read
  • Será o sábado, 13 de novembro

O departamento de Cultura do Concello de Coristanco organiza, xunto co Instituto de Estudos Bergantiñáns, un percorrido cultural para desfrutar en familiar. Trátase da Ruta guiada a través do Chan da Embarrada e a parroquia de Ferreira, un traxecto que comparte nome coa obra de varios autores que, precisamente, serán os que guíen aos participantes.

A ruta de 3,5 quilómetros celebrase o próximo sábado, 13 de novembro. Cunha dificultade baixa, está pensada para realizarse en tres horas e media con saída da Casa do Concello sobre as 10:00 horas.

As inscricións poden facerse na biblioteca municipal chamando ao 651664908 ou enviando un correo a biblioteca@coristanco.gal.