Corme acolle este venres un concerto de música clásica

1 minutes read
  • Simón Gallego tocará o piano e o violín na igrexa de Nosa Señora dos Remedios a partir das 19:00 horas

Este venres, 16 de xullo, a igrexa parroquial Nosa Señora dos Remedios de Corme acollerá un concerto de música clásica promovido pola asociación cultural Ínsua de Viastela. Será ás 19:00 horas.

Simón Gallego, o primeiro galego formado na prestixiosa universidade Berklee College of Music de Boston e actual compoñente da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, tocará o piano e o violín nun evento que servirá como homenaxe á memoria do almirante Mourelle de la Rúa polo día do Carme, patroa do mar e da Armada.