Corme acollerá na fin de semana dúas propostas da Asociación Cultural Insua de Viastela

1 minutes read

O venres 20 de agosto ás 19:00 horas terá lugar na Praza da Ribeira de Corme a presentación de a obra O Naranxo no Trasmundo de Inma Vilariño, acompañando á autora estarán Suso Lista, escritor e actor, Xosé Manuel Varela, filólogo e profesor e Rafael Lema, escritor e investigador.
O sábado 21 ás 20:00 organízase no Salón de Actos da Cofradía de Corme unha Conferencia-Exposición sobre Contaminación Luminosa.
Martín Pawley, divulgador científico e membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío será o ponente. A Agrupación Ío ven de recibir o premio Prisma á divulgación científica en 2020 e o Rosalia de Castro en 2021.
Coñecer o impacto que causa a iluminación artificial mal planificada sobre a saúde humana, a biodiversidade e o patrimonio cultural é fundamental para mitigar este problema cara o futuro.