O proxecto artístico e cultural “Corme Pinta”, impulsado a principios deste verán, xa é unha realidade. Agora todo aquel que o desexe poderá visitar e gozar da beleza de cinco novos murais pintados na parede do edificio da antiga salgadura, no Xardín Vello de Corme-Porto, onde ata o de agora albiscábanse murais pintados de fai máis de vinte anos. As novas pinturas pretenden plasmar a esencia da beleza da vila mariñeira, con elementos que a caracterizan de forma indiscutible: O petróglifo da “ Pedra dá Serpe”, a vista de Corme desde a Furna do Osmo, o Porto, o Cabo Roncudo e o propio Xardín Vello. Os muralistas tamén quixeron inmortalizar a onda xigante “A Tremosa”, o fondo mariño, e a xente do mar, cun mariñeiro contemporáneo e unha redeira atando. Este domingo pechouse o ciclo cultural e artístico co sorteo dunha cesta de marisco e viño, o gañador foi o número 04311.
45