Corme | Segue o curso de encaixe no MACCMO da man de Mariña Regueiro

1 minutes read

Mariña Regueiro González-Barros, está a ofrecer un novo curso intensivo de encaixe de bolillos. Ao longo de toda esta semana, ata o vindeiro sábado 21, o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme, acollerá esta formación da man desta pioneira da ensinanza intensiva de encaixe en España e que abriu a súa primeira escola en Corme en 1982.

Os e as asistentes ao curso de encaixe de bolillos terán a oportunidade de mergullarse nesta arte e na que poderán coñecer de primeira man as súas principais técnicas. Amais, o propio martes 17 agosto, Mariña Regueiro González-Barros presentou o libro “Poemas e haikus” do que é coautora con Rocío Utray, no mesmo MACCMO.


Mostra de encaixe contemporáneo


O Museo de Arte Contemporánea acolle ademais unha mostra de encaixe contemporáneo pero dun xeito especial. As creacións de encaixe están expostas en troncos e ramas que foron recollidas logo do paso do temporal de neve Filomena que o pasado mes de xaneiro de 2021 afectara a Madrid. A mostra “Filomena” da artista Rocío Utray quedará exposta ata a finalización do curso intensivo de encaixe, este sábado.