Corme terá unha multiárea de caravanas preto da praia da Arnela

1 minutes read
  • A nova área contará con ata sete prazas, e as obras deberán estar rematadas en novembro deste ano

Turismo de Galicia e o Concello de Ponteceso asinaron este martes un convenio para construír unha multiárea de servizo para autocaravanas en Corme Porto. Turismo achegará 30.000 euros e o concello 18.345,19 euros máis a redacción e a dirección de obra do proxecto construtivo.

A nova área situarase nun terreo cedido ao Concello, preto da praia da Arnela e do pavillón municipal e contará con ata sete prazas. As obras deberán estar rematadas o próximo 15 de novembro de 2020.