Italia é o país europeo máis afectado pola epidemia. O seu goberno decretou o bloqueo da rexión de Lombardía, no norte do país e de 14 provincias próximas para impedir a expansión do coronavirus, que xa causou a morte de 366 persoas. Tras China e Corea do Sur, Italia é a terceira nación con maior número de contaxios, máis de 6.000, cun ritmo de infeccións en fase ascendente. Aumentaron nunhas 1.300 nun só día, entre o sábado e o domingo. A gran maioría de todos os casos de contaxios e falecidos dáse en Lombardía, mentres que as persoas consideradas curadas suman ata esta fin de semana 622. Ademais do illamento das zonas xa mencionadas, o Goberno italiano decretou o peche, polo menos ata o 3 de abril, de museos, cinemas ou lugares turísticos en todo o país, illa e paraliza unha zona onde viven uns 16 millóns de persoas.
44