Coronavirus Galicia | 359 casos activos, 38 máis que onte

Imagen coronavirus_Fuente:@AinhoaGoni

Os casos activos de covid-19 seguen en aumento en Galicia e alcanzan os 359, 38 máis ca os rexistrados onte, domingo.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 359, deles son:

  • 143 da área da Coruña
  • 71 da de Lugo
  • 26 da de Ourense
  • 28 da de Pontevedra
  • 64 da área de Vigo
  • 24 da de Santiago
  • 3 da de Ferrol

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 15 en unidades de hospitalización e 343 no domicilio.

Ata o de agora, en Galicia hai un total de 11.307 persoas curadas, e rexistráronse 619 falecementos.

O número de probas PCR realizadas para detectar infección por covid-19 é de 254.374.

A Dirección Xeral de Saúde Pública informa de que na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha