Coronavirus | O BNG propón blindar Galicia impedindo entradas e saídas no territorio

Foto.- Cedida.

Unha medida “drástica”, recoñece a portavoz nacional, Ana Pontón, pero que ten demostrada a súa eficacia no obxecto prioritario de evitar a propagación da pandemia. Pontón salientou que canto antes se actúe adoptando medidas contundentes antes se poderá parar a crise e, tendo en conta a tendencia á alza e o feito de que a maior parte dos casos foron importados, “o máis eficaz para a contención é reducir a circulación de persoas e para iso propoñemos blindar Galiza prohibindo as saídas e entradas ao noso territorio. Non hai que perder tempo na adopción dunha medida que se demostrou eficaz”, recalcou. A líder nacionalista tamén fixo fincapé sobre feito diferencial de que o nivel de envellecemento fai que teñamos unha maior porcentaxe de poboación vulnerable, “o que require medidas adaptadas a esta realidade”.