Corporación e persoal do Concello de Ponteceso renderon homenaxe a Josefa Varela Arán pola súa xubilación

0 minutes read

Despois de moitos anos formando parte do servizo de limpeza municipal, Fina, como todos e todas a coñecen, xubílase.

O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, deulle as grazas polo seu «traballo e profesionalidade ao longo deste tempo».

Fina prestou servizo no CEIP As Forcadas e noutras instalacións municipais, conseguindo gañarse o agarimo de todos e todas.

Como despedida, levouse a cabo unha comida á que asistiron os seus compañeiros e compañeiras de traballo e amizades.