Son dúas celebracións moi arraigadas en Galicia que este ano coinciden en datas próximas, moitas son as localidades que celebran a súa honomástica de verán o domingo seguinte ao Corpus Christi. Este ano ese domingo seguinte ao Corpus coincidiu coa véspera de San Xoán, polo que son infinidade de pobos e cidades de toda Galicia que están de festa. Variedade de alfombras florais decoran infinidade de metros de asfalto nunha tradición de outrora, Bértoa, Rus, Caión, Noicela ou Paiosaco están de festa, pero tamén se unen ás celebracións Santa Comba, Traba e mesmo Carballo.
Veciños da carballesa parroquia de Noicela, máis en concreto do lugar de Casadelas volveron a celebrar unha procesión con moitos anos de antigüidade e de historia ao redor dos actos relixiosos e á tradicional Procesión desde a Igrexa Parroquial ata o mítico Cruceiro de Casadelas, que lucía engalanado para a ocasión a figura do neno Jesús e o traballo dos aldeáns.

