Correos activa o transporte de mochilas no Camiño de Santiago a Muxía e Fisterra

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o servizo para transportar as mochilas e maletas etapa a etapa, de aloxamento a aloxamento, con Correos. Desde este luns, día 16, actívase o Paq Mochila nos principais roteiros xacobeos de España e Portugal.

O peregrino pode contratar o seu traslado de equipaxes no Camiño Francés desde Roncesvalles e Somport, no Camiño do Norte desde Irún, no Camiño Primitivo desde Oviedo, no Camiño Inglés desde Ferrol, no Camiño de Inverno desde Ponferrada, na Vía da Prata-Camino Sanabrés desde Ourense e no Camiño a Fisterra e Muxía.

Tamén no roteiro xacobeo portugués, que Correos decidiu ampliar neste 2026 debido á súa crecente demanda: os peregrinos contan agora co Paq Mochila no Camiño Portugués desde Porto, tanto polo Camiño Central como polo da Costa, incluída a Variante Espiritual.

O funcionamento do servizo Paq Mochila é moi sinxelo: Correos recolle a equipaxe a partir das 8.00 da mañá no aloxamento indicado e deposítao no seguinte albergue, hostal ou hotel antes das 14.30 horas. Isto permite percorrer as diferentes etapas sen necesidade de cargar con todas as pertenzas, levando só o imprescindible para pasar o día.

O Paq Mochila pode contratarse a través dun sinxelo formulario dispoñible en nove idiomas.

Ao chegar a Santiago de Compostela, os peregrinos poden beneficiarse do servizo de consigna que Correos ofrece na oficina da Rúa do Franco, a dous minutos da Praza do Obradoiro. Consígnaa está dispoñible de luns a domingo e pódese contratar online ou na propia oficina.

Ademais do Paq Mochila e a consígna, os peregrinos dispoñen doutros servizos como o envío de bicicletas, o envío de maletas e paquetes ou envío de bastóns ou bordones de volta ás súas cidades de orixe.
Na páxina web do Camiño con Correos o peregrino tamén poderá atopar onde durmir nun buscador con máis de 4.000 aloxamentos, conta coa descrición dos Roteiros Xacobeos máis populares e con máis de 300 consellos de que ver e facer no Camiño.

Related posts

Fenosa realizará cortes programados do subministro eléctrico en varias zonas de Malpica o martes 17 de marzo

O PSOE da Laracha acusa ao goberno local de «non saber onde investir os cartos públicos» 

Carballo acolle a exposición ‘Alfredo Brañas Menéndez. XIX-XXI. 125 anos do seu pasamento’