Correos admitiu 1.082.030 solicitudes de cidadáns e cidadás que desexan exercer por correo o seu dereito ao voto nas eleccións autonómicas e municipais que se celebrarán o domingo, 28 de maio de 2023.
Delas, 827.962 presentáronse de forma presencial na rede de oficinas postais e 254.068 de forma telemática a través da web de Correos, mediante sinatura electrónica e aceptándose como sistemas de identificación válidos os certificados de persoa física recoñecidos polo Ministerio de Industria e o DNI electrónico (DNI-e).
Estas cifras supoñen un 5,01% máis respecto ao número de solicitudes admitidas nas anteriores eleccións autonómicas e municipais celebradas o 26 de maio de 2019, data na que tamén se celebraron as eleccións ao Parlamento Europeo.