Correos promociona o Camiño de Santiago a Fisterra escollendo unha imaxe tomada ao final do Roteiro para ilustrar o seu calendario xacobeo de 2023. A foto mostra o monumento á bota do peregrino en Fisterra, e foi tomada por Alejandro del Castillo López. Esta instantánea acaba de viaxar a máis de 4.000 destinos grazas ao calendario que Correos enviou a Asociacións nacionais e internacionais do Camiño de Santiago, a aloxamentos do Camiño e a institucións Xacobeas. Esta imaxe foi unha das escollidas no concurso de fotografía que Correos celebra anualmente coa temática do Camiño de Santiago e no que pode participar calquera peregrino ou aficcionado á fotografía. Ademais do calendario, estas fotos forman parte da exposición “Miradas Peregrinas” unha mostra itinerante que xa percorreu unha vintena de cidades españolas, entre elas Sarria.
37