Correos estuda ofrecer descontos nos envíos das tendas adheridas á plataforma ‘MerCamariñas’

Cedida

  • Unha posible colaboración entre a empresa e o Concello abarataría os custos de envío

O Concello de Camariñas estuda un convenio de colaboración con Correos para poder ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos ás tendas adheridas á ‘MerCamariñas’: unha plataforma de venta en liña para os establecementos do municipio.

Os responsables da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, reuníronse co xefe de sector de Correos, José Manuel Costa, e o director da oficina de Correos en Camariñas, Fernando Mohedano.

A concelleira de Comercio, Lara Pasantes, explicou que “o obxectivo destes contactos que estamos a manter con empresas de transporte é o de abaratar os custes dos envíos aos establecementos para que as vendas que fagan a través da plataforma lles sexan máis rendibles”.