Correos examina o domingo en Silleda a 5.093 aspirantes a praza fixa

1 minutes read
  • As probas convócanse para realizar funcións de repartición no ámbito urbano e rural, tarefas loxísticas e de atención ao cliente en oficinas.
  • En toda España inscribíronse máis de 84.000 aspirantes, que se examinarán de forma simultánea en 44 sedes, 5.093 deles en Silleda

O vindeiro domingo, 7 de maio, celebraranse as probas de ingreso en Correos para cubrir 7.757 postos de traballo fixos en categorías operativas en toda España, para desempeñar funcións de repartición de envíos, tarefas loxísticas e atención ao cliente en oficinas.

Máis de 84.000 persoas foron admitidas para realizar as probas, que terán lugar de forma simultánea en 44 sedes situadas en localidades de 28 provincias e nas Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

En Silleda están rexistrados ao exame 5.093 aspirantes, que concorren a postos de toda España. No caso de Galicia ofrécense 431 postos aos que se presentan 4.401 persoas repartidas por todo o territorio nacional.

As persoas candidatas poden consultar de forma individual en www.correos.com, nas apartado Persoas e Talento/Convocatorias Públicas/Ingreso Persoal Laboral Fixo: convocatoria conxunta 2022, plataforma de procesos masivos, a localidade de exame, a aula, espazo e/o o centro asignados, así como información relevante para o día do exame.