- Correos abrirá oficinas de Galicia este sábado e o domingo para atender o voto por correo.
Desde Correos afirman nunha nota que a entidade empezou a realizar estas contratacións en toda España o 30 de maio, día da convocatoria electoral e seguirá contratando todos os efectivos que sexan necesarios para garantir o voto por correo nas Eleccións Xerais do 23 de xullo. Acometeu esta alta cifra de contratacións de reforzo tendo en conta o incremento no número de solicitudes de voto por correo recibidas, e a coincidencia do período electoral coas vacacións de verán, de modo que tamén cubriu ao 100% as vacacións do persoal durante o mes de xullo. Neste sentido, cabe destacar que máis dun 30% das empregadas e empregados que tiñan previstas as súas vacacións neste mes, solicitaron voluntariamente atrasalas para estar dispoñibles durante a campaña, o que indica o alto nivel de compromiso do persoal de Correos co servizo público.