Correos instala en Carballo un buzón para enviar as cartas a Papá Noel e os Reis Magos

1 minutes read

Ata o día 5 de xaneiro, os nenos e nenas que o desexen poderán depositar as súas cartas para Papá Noel e os Reis Magos no buzón máxico que Correos instalou na oficina postal de Carballo. Ademais de fomentar o espírito do Nadal, esta iniciativa tamén pretende fomentar a práctica da escritura entre os máis pequenos da casa.
Por eso, este Nadal, nas oficinas de Correos con buzón especial e a través de Correos Market, tamén se poderán conseguir “pack máxicos” que conteñen cartas para escribir os desexos, sobres especiais e adhesivos con motivos do Nadal para decoralas e que chamen a atención dos seus ilustres destinatarios.
Ademais, poderanse adquirir “selos máxicos” personalizados coa figura de Papá Noel e dos Reis Gaspar, Melchor e Baltasar en todas as oficinas de Correos e en Correos Market.

Deste xeito, Correos que, desde hai máis de 300 anos, é o operador loxístico do Nadal, seguirá mantendo a ilusión de todos os nenos e nenas lembrando que hai poucas cousas tan cheas de maxia como escribir unha carta a Papá Noel e aos Reis Magos.