Correos instala un buzón de Nadal na súa oficina de Carballo

Oficina de Correos na rúa San Martiño, Carballo_GOOGLE MAPS

Ata o día 5 de xaneiro, os nenos e nenas que o desexen poderán depositar as súas cartas para os Reis Magos no buzón de Nadal que Correos instalou na oficina postal de Carballo. Ademais de fomentar o espírito do Nadal, esta iniciativa tamén pretende incentivar a práctica da escritura entre os máis pequenos da casa.

Correos leva 27 anos celebrando a campaña de Reis Magos con caixas de correos específicas para recoller os desexos dos nenos e nenas e encargarse de entregarllos directamente aos seus destinatarios en Oriente. Ademais, este Nadal os equipos de voluntarios e voluntarias de Correos volverán achegarse a varios hospitais de España a recoller as cartas de mans dos nenos e nenas ingresados. Deste xeito, ademais de entregar un detalle aos máis pequenos, asegúranlles que os seus desexos chegarán a tan ilustres destinatarios.

Correos, que desde hai máis de 300 anos, é o operador loxístico do Nadal, seguirá mantendo a ilusión de todos os nenos e nenas lembrando que hai poucas cousas tan fantásticas como escribir unha carta aos Reis Magos.