Correos ofrece na súa oficina de Carballo o servizo de cita previa

1 minutes read
  • Os clientes poden elixir o día e a hora na que desexan ser atendidos na oficina da rúa San Martiño

A oficina de Correos en Carballo, situada na rúa San Martiño, dispón de cita previa para evitar esperas. O cliente pode solicitar o día e hora no que desexa ser atendido a través de www.correos.es. Nesta páxina crearase un código que deberá ser introducido na máquina do turno para que a persoa poida ser atendida de inmediato.

O sistema, na súa petición, discrimina as franxas horarias de mínima afluencia de forma que o usuario poida elixir coa garantía de que vai ser atendido á súa chegada. Do mesmo xeito, explican desde Correos, contémplase un período de tempo, tanto antes como despois, por se a cita se puidese adiantar ou atrasar sen problema.

As persoas de 65 anos ou máis poden solicitar cita previa chamando a Atención ao Cliente no 915 197 197.