Dende o luns 1 de abril e ata o 31 de outubro, Correos pon en marcha o servizo Paq Peregrino.
A iniciativa consiste no transporte, por parte dos carteiros, das maletas e mochilas dos peregrinos na ruta a Fisterra e Muxía por etapas e entre os distintos aloxamentos. Os peregrinos que realicen o Camiño Francés ao seu paso por Ponferrada contarán tamén co servizo de transporte de mochilas e maletas etapa a etapa, de aloxamento en aloxamento.
A compañía postal e de paquetería retoma este servizo, que se prolongará ata o 31 de outubro, axudando así a que os peregrinos realicen a Ruta Xacobea libres de cargas. O Paq Mochila pode contratarse en www.paqmochila.com a través dun sinxelo formulario.
Correos organiza día a día a recollida das equipaxes nos albergues, hostais e hoteis que o peregrino indica, e os entrega no seguinte aloxamento antes das 14.00 horas, para que os peregrinos poidan dispoñer das súas pertenzas ao finalizar a etapa.
O servizo préstase todos os días da semana, de luns a domingo, festivos incluídos, por un prezo de 5 euros para o transporte dunha soa etapa, e de 4 euros por etapa se se contratan máis de cinco.