40
- Tamén haberá un corte de auga de 09:30 a 11.30 horas por melloras no servizo na zona dos Baños Vellos
A estrada da Canosa (Rus) ao Pereiro Vello (Entrecruces) estará pechada ao tráfico a partir deste luns, 15 de marzo, para proceder ao aglomerado dos máis de 3 quilómetros que unen as dúas localidades, polo que o tráfico desviarase por vías alternativas.
Ademais, este luns tamén se procederá a un corte de agua na zona dos Baños Vellos debido á mellora do servizo. Será desde as 09:30 ata as 11:30 horas, e afectará á rúa Estrela, aos números pares da rúa Ourense, á propia rúa Baños Vellos e aos números 16 e 18 da rúa Perú.