Cortado por obras toda a semana un carril da Ponte Ceilán, entre Noia e Outes


A execución das obras de mantemento e conservación da Ponte Ceilán, na estrada AC-550 ao paso polos concellos de Noia e de Outes, fará necesario menter o corte dun carril entre o luns e o venres desta vindeira semana.

Este luns, día 28 de novembro, a Xunta proseguirá cos traballos iniciados esta mesma semana na beirarrúa existente no sentido Outes-Noia, para a formación dunha gabia. A continuación procederase á cimentación da nova varanda que se ten previsto instalar na ponte.

Nesta caso,  procederase ao corte do carril do sentido Outes-Noia, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 68+600 e 69+400. Para facilitar a mobilidade dos usuarios neste punto da estrada estará habilitado un carril de circulación, con regulación semafórica, polo que pasarán alternativamente os vehículos en ambos os sentidos.

En concreto, desde o día 28 de novembro ao día 1 de decembro, o corte do tráfico será entre as 08:30 da mañá e as 20:00 da tarde; e o día 2 de decembro, entre as 08:30 da mañá e as 13:00 do mediodía.

Os traballos, que continúan na propia beirarrúa da Ponte Ceilán, fan preciso ocupar o carril coa maquinaria da obra. Unha vez rematada a apertura da gabia, na vindeira semana comezarase a colocar a ferralla do armado da cimentación da nova varanda, os ancoraxes do taboleiro e a imposta, e comezarase tamén a formigonar.